Más información
E ti, por quen te moves?
X Edición. Andaina solidaria A Coruña en Marcha Contra o Cancro
A Asociación Española Contra o Cancro organiza, o vindeiro domingo 4 de xuño, a X Edición da andaina solidaria A Coruña en Marcha contra o cancro.
Ven celebrar un día en familia, cos teus amigos e veciños,
para apoiar a loita contra o cancro. Ademais da andaina solidaria, teremos actividades para os máis pequenos da casa, zumba solidaria e sorteos de regalos, e máis sorpresas!
Ven camiñar contra o cancro, polos miles de pacientes, polas familias, pola investigación, por un futuro cheo de esperanza...
E ti, por quen te moves?
DATA: domingo, 4 de xuño
SAÍDA: ás 10:00 h na zona Obelisco
PERCORRIDO:
O percorrido urbano de 5 km ten saída e meta na zona Obelisco, e percorre algunhas das rúas máis emblemáticas da nosa cidade. Desde a zona do Obelisco camiñaremos cara a Praza de Mina, Juana de Vega, San Andrés, Marqués de Pontejos, Pío XII, San Agustín, Praza de María Pita, Riego de Agua, Rúa Real, xiro á esquerda no Obelisco cara a avenida da Mariña, Porta Real, avenida do Porto da Coruña, xiro no mirador do Parrote, volta pola avenida do Porto da Coruña, avenida da Mariña e meta na zona do Obelisco.
INSCRICIÓNS
A inscrición na andaina solidaria ten un prezo de:
- 5€ para nenos e nenas ata 12 anos
- 10€ para adultos
Poderás realizar a inscrición:
- Na web www.corunaenmarchacontraocancro.com, ata o 3 de xuño ás 23:59h.
- El Corte Inglés (Ramón y Cajal, 57), de 10:00 a 22:00 h, na planta de Deportes (5ª planta), ata o 3 de xuño.
Ademais o propio día do evento, domingo 4 de xuño, poderás apuntarte ata unha hora antes do comezo, na zona Obelisco.
Para máis información, chámanos ao 981 14 27 40
DORSAL E CAMISETA OFICIAL
Coa túa inscrición terás un dorsal e unha camiseta oficial da andaina A Coruña en Marcha Contra o Cancro
Poderás recollelos:
- Do 29 de maio ao 3 de xuño en El Corte Inglés de Ramón y Cajal, de luns a venres de 10:00 a 22:00 h e o sábado de 10:00 a 21:00 h.
A camiseta está garantida aos 3.000 primeiros inscritos.
DORSAL 0
As persoas que non poidan asistir e queiran colaborar, poderán facer a súa aportación a través de:
- Bizum no 06505, concepto: CONTRAELCANCER A CORUÑA
- Na conta do Banco Santander: IBAN ES54 0049 0007 2326 1212 4606
- Nesta web a través do Dorsal 0.
Os fondos recadados nesta iniciativa irán destinados a investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación española Contra o Cancro na Coruña.