Más información
Monforte En Marcha Contra o Cancro, carreira e andaina con saída e chegada a Praza Compañía (5km) organizada pola Asociación Española Contra o Cancro.
Agradecemos ás institucións e empresas colaboradoras que fan posible este evento: Concello de Monforte de Lemos, Xunta de Galicia, Queserías Prado, Autos Lemos, Solán de Cabras, Caixa Rural Galega, Supermercados Familia, Cocinas de Dalama, Radio Monforte, Casa Regina e Ateneo Casino.
Todo o recadado irá destinado a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as suas familias, e impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2030.
Inscríbete e disfruta deste evento! Se non podes participar podes colaborar cun donativo, como inscrición solidaria, para a Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo.