Santiago de Compostela En marcha Contra o Cancro 2026

Santiago de Compostela En marcha Contra o Cancro 2026

Datos básicos

  • Cuándo: Desde el sábado, 26 de septiembre de 2026 a las 10:00 hasta el sábado, 26 de septiembre de 2026 a las 13:30
  • Lugar: Paseo central da Alameda, Santiago de Compostela
  • Población: Santiago de Compostela
  • Provincia: Coruña (A)
  • Fechas de inscripción: Del 17/08/2026 a las 10:57 al 24/09/2026 a las 23:00

Tarifas

Importes con impuestos incluidos

Comisión de la plataforma no incluida.

Adultos
Fecha hasta 24/09/2026 23:00
10,00 €
Nenos
Fecha hasta 24/09/2026 23:00
5,00 €
Donativo
Fecha hasta 24/09/2026 23:00
Donación
Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela

Más información

V Edición. Andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha Contra o Cancro  

A Asociación Española Contra o Cancro organiza, o sábado 26 de setembro, a V Edición da andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha contra o cancro.  

Ven celebrar un día en familia, cos teus amigos, veciños e coa túa mascota, para apoiar a loita contra o cancro. Ademais da andaina solidaria, teremos o Corner “Ciencia para todos”, con investigadores e investigadoras, e divertidos experimentos para todos. Tamén disfrutaremos de zumba solidaria. Ven camiñar contra o cancro, polos miles de pacientes, polas familias, pola investigación, por un futuro cheo de esperanza… E ti, por que te moves?  

DATA: sábado, 26 de setembro  

SAÍDA: ás 10:00 h Paseo Central da Alameda  


PERCORRIDO:
O percorrido ten 5 km con saída e meta no Paseo Central da Alameda. Sairemos da Alameda, seguindo polo Paseo da Ferradura, Avda. de Compostela, Avda. das Burgas, Avda. do Profesor Legaz Lagambra, e continuando pola Avda. de Antonio Raimundo Ibáñez, bordeando a fonte e voltando á Avda. de Compostela para entrar na Alameda, chegando á meta, situada no mesmo sitio que a saída. O circuito recorrerase 2 veces.


INSCRICIÓNS  

A inscrición na andaina solidaria ten un prezo de:  

- 5€ para nenos e nenas ata 12 anos  

- 10€ para adultos  

Poderás realizar a inscrición:  

- Nesta web 

- Na Sede da Asociación en Santiago de Compostela (Avda. Barcelona, 29, baixo) de luns a venres de 9:00 a 15:00.  

- El Corte Inglés en Santiago de Compostela, departamento de deportes, planta baixa (Rúa do Restollal, 50) dende o 01/09/26 ata o 23/09/26 en horario comercial.

  Ademais o propio día do evento, poderás apuntarte de forma presencial ata media hora antes do comezo, no paseo central da Alameda.  

Para máis información, chámanos ao 981 576 479  


CAMISETA OFICIAL E DORSAL PERSONALIZABLE

A inscrición inclúe a camiseta oficial da andaina e un dorsal personalizable (garantidos ata esgotar existencias). Podes escribir no teu dorsal a quen dedicas esta andaina: a un amigo, un familiar... O día da andaina coloca o dorsal na camiseta, que se vexa ben!  

Onde recollelos?  

- Recólleos na Asociación Española Contra o Cancro en Santiago, do 1 de setembro ao 23 de setembro (luns a venres de 9:00 a 15:00 h); e o 24 e 25 de setembro (de 9:00 a 19:00 h). 

- O mesmo día do evento, 26 de setembro, tamén poderás recollelos, na carpa habilitada ata 10 minutos antes do comezo da andaina.


DORSAL 0  

As persoas que non poidan asistir e queiran colaborar, poderán facer a súa aportación a través de:  

- Bizum no 06505, concepto: CONTRAELCANCER SANTIAGO 

- Na conta do Banco Santander: IBAN ES54 0049 0007 2326 1212 4606  

- Nesta web a través do Dorsal 0.  


GRAZAS POR SUMARTE Á LOITA CONTRA O CANCRO 

Os fondos recadados nesta iniciativa irán destinados a investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago.  

   

Patrocinadores