Más información
III Edición. Andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha Contra o Cancro
A Asociación Española Contra o Cancro organiza, o sábado 28 de setembro, a III Edición da andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha contra o cancro.
Ven celebrar un día en familia, cos teus amigos e veciños, para apoiar a loita contra o cancro. Ademais da andaina solidaria, teremos a Feira divulgativa “Ciencia para todos”, con investigadores e investigadoras, e divertidos experimentos para todos. Tamén disfrutaremos de zumba solidaria. Ven camiñar contra o cancro, polos miles de pacientes, polas familias, pola investigación, por un futuro cheo de esperanza… E ti, por que te moves?
DATA: sábado, 28 de setembro
SAÍDA: ás 10:00 h Paseo Central da Alameda
PERCORRIDO:
O percorrido ten 5 km con saída e meta no Paseo Central da Alameda. Sairemos da Alameda, seguindo polo Paseo da Ferradura, Avda. de Compostela, Avda. das Burgas, Avda. do Profesor Legaz Lagambra, e continuando pola Avda. de Antonio Raimundo Ibáñez, bordeando a fonte e voltando á Avda. de Compostela para entrar na Alameda, chegando á meta, situada no mesmo sitio que a saída. O circuito recorrerase 2 veces.
INSCRICIÓNS
A inscrición na andaina solidaria ten un prezo de:
- 5€ para nenos e nenas ata 12 anos
- 10€ para adultos
Poderás realizar a inscrición:
- Nesta web
- Na Sede da Asociación en Santiago de Compostela (Avda. Barcelona, 29, baixo) de luns a venres de 9:00 a 15:00.
- El Corte Inglés en Santiago de Compostela, departamento de deportes, planta baixa (Rúa do Restollal, 50) desde o 02/09/24, de luns a sábado de 10:00 a 22:00, ata o venres 27/09/24 as 15:00 h.
Ademais o propio día do evento, poderás apuntarte de forma presencial ata media hora antes do comezo, no paseo central da Alameda.
Para máis información, chámanos ao 981 576 479
DORSAL E CAMISETA OFICIAL
Coa túa inscrición terás a camiseta oficial da andaina e un dorsal personalizable, co que adicar os teus pasos solidarios a quen queiras: a un paciente, á familia, á investigación, á solidaridade…. E ti, por que te moves?
Onde recollelos?
- Recolleos na Asociación Española Contra o Cancro en Santiago, do 19 de agosto ao 23 de setembro (luns a venres de 9:00 a 15:00 h); e do 24 ao 27 de setembro (de 9:00 a 19:30 h).
A camiseta está garantida aos 1500 primeiros inscritos.
DORSAL 0
As persoas que non poidan asistir e queiran colaborar, poderán facer a súa aportación a través de:
- Bizum no 06505, concepto: CONTRAELCANCER SANTIAGO
- Na conta do Banco Santander: IBAN ES54 0049 0007 2326 1212 4606
- Nesta web a través do Dorsal 0.
Os fondos recadados nesta iniciativa irán destinados a investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago.