Santiago de Compostela En marcha Contra o Cancro

Santiago de Compostela En marcha Contra o Cancro

Datos básicos

  • Cuándo: Sábado, 27 de septiembre de 2025 a las 10:00
  • Lugar: Paseo central da Alameda, Santiago de Compostela
  • Población: Santiago de Compostela
  • Provincia: Coruña (A)
  • Fechas de inscripción: Del 07/08/2025 a las 0:00 al 26/09/2025 a las 23:00

Tarifas

Importes con impuestos incluidos

Comisión de la plataforma no incluida.

Adultos
Fecha hasta 26/09/2025 23:00
10,00
Nenos
Fecha hasta 26/09/2025 23:00
5,00
Donativo
Fecha hasta 26/09/2025 23:00
Donación
Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela

Más información

IV Edición. Andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha Contra o Cancro  

A Asociación Española Contra o Cancro organiza, o sábado 27 de setembro, a IV Edición da andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha contra o cancro.  

Ven celebrar un día en familia, cos teus amigos e veciños, para apoiar a loita contra o cancro. Ademais da andaina solidaria, teremos a Feira divulgativa “Ciencia para todos”, con investigadores e investigadoras, e divertidos experimentos para todos. Tamén disfrutaremos de zumba solidaria. Ven camiñar contra o cancro, polos miles de pacientes, polas familias, pola investigación, por un futuro cheo de esperanza… E ti, por que te moves?  

DATA: sábado, 27 de setembro  

SAÍDA: ás 10:00 h Paseo Central da Alameda  

PERCORRIDO:
O percorrido ten 5 km con saída e meta no Paseo Central da Alameda. Sairemos da Alameda, seguindo polo Paseo da Ferradura, Avda. de Compostela, Avda. das Burgas, Avda. do Profesor Legaz Lagambra, e continuando pola Avda. de Antonio Raimundo Ibáñez, bordeando a fonte e voltando á Avda. de Compostela para entrar na Alameda, chegando á meta, situada no mesmo sitio que a saída. O circuito recorrerase 2 veces.

INSCRICIÓNS  

A inscrición na andaina solidaria ten un prezo de:  

- 5€ para nenos e nenas ata 12 anos  

- 10€ para adultos  

Poderás realizar a inscrición:  

- Nesta web 

- Na Sede da Asociación en Santiago de Compostela (Avda. Barcelona, 29, baixo) de luns a venres de 9:00 a 15:00.  

- El Corte Inglés en Santiago de Compostela, departamento de deportes, planta baixa (Rúa do Restollal, 50) dende o 01/09/25 ata o 25/09/25 en horario comercial.

- Cousalinda (Rúa das Orfas, 9) dende o 01/09/25 ata o 25/09/25 en horario comercial.

  

 Ademais o propio día do evento, poderás apuntarte de forma presencial ata media hora antes do comezo, no paseo central da Alameda.  

Para máis información, chámanos ao 981 576 479  

CAMISETA OFICIAL  

Coa túa inscrición terás a camiseta oficial da andaina.  

Onde recollela?  

- Recollea na Asociación Española Contra o Cancro en Santiago, do 11 de agosto ao 22 de setembro (luns a venres de 9:00 a 15:00 h); e do 23 ao 26 de setembro (de 9:00 a 19:30 h). 

A camiseta está garantida aos 1500 primeiros inscritos.  

DORSAL 0  

As persoas que non poidan asistir e queiran colaborar, poderán facer a súa aportación a través de:  

- Bizum no 06505, concepto: CONTRAELCANCER SANTIAGO 

- Na conta do Banco Santander: IBAN ES54 0049 0007 2326 1212 4606  

- Nesta web a través do Dorsal 0.  

Os fondos recadados nesta iniciativa irán destinados a investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago.