Santiago de Compostela En marcha Contra o Cancro

Santiago de Compostela En marcha Contra o Cancro

Inscripciones no activas

Datos básicos

  • Cuándo: Desde el sábado, 23 de septiembre de 2023 a las 10:00 hasta el sábado, 23 de septiembre de 2023 a las 12:30
  • Lugar: Paseo central da Alameda, Santiago de Compostela
  • Población: Santiago de Compostela
  • Provincia: Coruña (A)
  • Fechas de inscripción: Del 01/08/2023 a las 0:00 al 23/09/2023 a las 10:00

Tarifas

Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela

Más información

II Edición. Andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha Contra o Cancro  

A Asociación Española Contra o Cancro organiza, o sábado 23 de setembro, a II Edición da andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha contra o cancro.  

Ven celebrar un día en familia, cos teus amigos e veciños, para apoiar a loita contra o cancro. Ademais da andaina solidaria, teremos a Feira divulgatia “Ciencia para todos”, con inestigadores e investigadoras, e divertidos experimentos para todos. Tamén disfrutaremos de zumba solidaria. Ven camiñar contra o cancro, polos miles de pacientes, polas familias, pola investigación, por un futuro cheo de esperanza… E ti, por que te moves?  

DATA: sábado, 23 de setembro  

SAÍDA: ás 10:00 h Paseo Central da Alameda  

PERCORRIDO:
O percorrido ten 5 km con saída e meta no Paseo Central da Alameda. Sairemos da Alameda, seguindo polo Paseo da Ferradura, Avda. de Compostela, Avda. das Burgas, Avda. do Profesor Legaz Lagambra, e continuando pola Avda. de Antonio Raimundo Ibáñez, bordeando a fonte e voltando á Avda. de Compostela para entrar na Alameda, chegando á meta, situada no mesmo sitio que a saída. O circuito recorrerase 2 veces.

INSCRICIÓNS  

A inscrición na andaina solidaria ten un prezo de:  

- 5€ para nenos e nenas ata 12 anos  

- 10€ para adultos  

Poderás realizar a inscrición:  

- Nesta web 

- Na Sede da Asociación en Santiago de Compostela (Avda. Barcelona, 29, baixo) de luns a venres de 9:00 a 15:00.  

- El Corte Inglés en Santiago de Compostela, departamento de deportes, planta baixa (Rúa do Restollal, 50) desde o 04/09/23, de luns a sábado de 10:00 a 22:00, ata o venres 22/09/23 as 15:00 h.  

 Ademais o propio día do evento, poderás apuntarte de forma presencial ata unha hora antes do comezo, no paseo central da Alameda.  

Para máis información, chámanos ao 981 576 479  

DORSAL E CAMISETA OFICIAL  

Coa túa inscrición terás a camiseta oficial da andaina e un dorsal personalizable, co que adicar os teus pasos solidarios a quen queiras: a un paciente, á familia, á investigación, á solidaridade…. E ti, por que te moves?  

Onde recollelos?  

- Se te inscribes na web ou na sede: recolleos na Asociación Española Contra o Cancro en Santiago, do 7 de agosto ao 19 de setembro (luns a venres de 9:00 a 15:00 h); e do 20 ao 22 de setembro (de 9:00 a 19:30 h). 

- Se te inscribes en El Corte Inglés: recolleos do 4 ao 22 de setembro en El Corte Inglés de Santiago, en horario comercial (luns a sábado de 10 a 22 horas)   

A camiseta está garantida aos 1500 primeiros inscritos.  

DORSAL 0  

As persoas que non poidan asistir e queiran colaborar, poderán facer a súa aportación a través de:  

- Bizum no 06505, concepto: CONTRAELCANCER SANTIAGO DE COMPOSTELA 

- Na conta do Banco Santander: IBAN ES54 0049 0007 2326 1212 4606  

- Nesta web a través do Dorsal 0.  

Os fondos recadados nesta iniciativa irán destinados a investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago.  

   

Patrocinadores