XII A CORUÑA EN MARCHA CONTRA O CANCRO

XII A CORUÑA EN MARCHA CONTRA O CANCRO

Datos básicos

  • Cuándo: Domingo, 8 de junio de 2025 a las 10:00
  • Lugar: Rúa Cantón Grande, 2, 15003 A Coruña, España
  • Población: A Coruña
  • Provincia: Coruña (A)
  • Fechas de inscripción: Del 08/05/2025 a las 0:00 al 07/06/2025 a las 0:00

Tarifas

Importes con impuestos incluidos

Comisión de la plataforma no incluida.

Inscripción Adultos
Fecha hasta 07/06/2025 0:00
10,00
Inscripción Niños
Fecha hasta 07/06/2025 0:00
5,00
Fila Cero
Fecha hasta 07/06/2025 0:00
Donación
Días
Horas
Minutos
Segundos

Contacto

Asociación Española Contra o Cancro en A Coruña
T: +34 981142740

Más información

E ti, por quen te moves? 

 

XII Edición. Andaina solidaria A Coruña en Marcha Contra o Cancro 

A Asociación Española Contra o Cancro organiza, o vindeiro domingo 8 de xuño de 2025, a XII Edición da andaina solidaria A Coruña en Marcha contra o cancro. 

Ven celebrar un día en familia, cos teus amigos, veciños ou ca túa mascota para apoiar a loita contra o cancro. Ademais da andaina solidaria, teremos diferentes actividades fitness para todas as idades, sorteos de regalos e máis sorpresas! 

Ven camiñar contra o cancro, polos milleiros de pacientes, polas familias, pola investigación, por un futuro cheo de esperanza...

E ti, por quen te moves? 

 

DATA: domingo, 8 de xuño de 2025

SAÍDA: ás 10.00 h na avenida da Mariña, Avenida do Porto da Coruña.


PERCORRIDO:
O percorrido urbano de 5 km ten saída e meta na zona Obelisco. Saíndo da zona do Obelisco camiñaremos cara a avenida da Mariña, Avenida do Porto da Coruña, Ánimas, seguindo polo Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez ata a rotonda de Beiramar na que xiraremos para volver polo mesmo percorrido ata a meta na zona do Obelisco.

Nota: O percorrido poderá variar lixeiramente a causa das obras na Avenida da Mariña. 



INSCRICIÓNS 

A inscrición na andaina solidaria ten un prezo de: 

- 5€ para nenos e nenas ata 12 anos 

- 10€ para adultos 


Poderás realizar a inscrición: 

- Nesta web ata o 8 de xuño ás 10.00h,

- En El Corte Inglés, ata o xoves 5 de xuño, no horario de apertura do establecemento (de 10 a 22h) na planta de Deportes (5ª).

- Na sede da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña (Rúa Real 1-1º) ata o 7 de xuño, no seguinte horario:

- Ata o 30 de maio, de luns a xoves de 9.00 a 17.30 horas, e venres de 9.00 a 15.00 horas.

- Do 2 ao 4 de xuño, de 9.00 a 15.00 horas.

- Do 5 ao 7 de xuño, e 9.00 a 20.00 horas.


Para máis información, chámanos ao 981 14 27 40 


CAMISETA OFICIAL 

Coa túa inscrición terás a camiseta oficial da XII andaina A Coruña en Marcha Contra o Cancro. Garántese camiseta ata esgotar existencias.

Poderás recollelas na nosa sede de Rúa Real:

- Do día 2 ao 4 de xuño de 9.00 a 15.00h

- Do día 5 ao 7 de xuño de 9.00 a 20.00h

Tamén poderás recollela o mesmo día do evento ata 10 minutos antes do comezo da andaina.


DORSAL 0 

As persoas que non poidan asistir e queiran colaborar, poderán facer a súa aportación a través de: 

- Bizum no 06505, concepto: CONTRAELCANCER A CORUÑA 

- Na conta do Banco Santander: IBAN ES54 0049 0007 2326 1212 4606 

- Nesta web a través do Dorsal 0. 


GRAZAS POR SUMARTE Á LOITA CONTRA O CANCRO

Os fondos recadados nesta iniciativa irán destinados a investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación española Contra o Cancro na Coruña. 


Patrocinadores