Más información
E ti, por que te moves?
XIII Edición. Andaina solidaria A Coruña en Marcha Contra o Cancro
A Asociación Española Contra o Cancro organiza, o vindeiro domingo 24 de maio de 2026 a XII Edición da andaina solidaria A Coruña en Marcha contra o cancro.
Ven celebrar un día en familia, cos teus amigos, veciños ou ca túa mascota para apoiar a loita contra o cancro. Ademais da andaina solidaria,
teremos diferentes actividades fitness para todas as idades, sorteos de regalos e máis sorpresas!
Ven camiñar contra o cancro, polos milleiros de pacientes, polas familias, pola investigación, por un futuro cheo de esperanza...
E ti, por que te moves?
DATA: domingo, 24 de maio de 2026
SAÍDA: ás 10.00 h na Puerta Real na Mariña da Coruña.
PERCORRIDO:
Saíndo da zona de Puerta Real, o percorrido iniciaráse en dirección á Autoridade Portuaria, avanzando pola contorna do Parrote e bordeando a zona portuaria. Continuarase polo vial que rodea o porto deportivo e a zona do Hospital Abentey Lago, enlazando co Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez.
Acontinuación, o trazado seguirá pola fachada marítima en dirección á zona do Matadoiro e a Hípica, punto no que se realizará o xiro de retorno. Dende aí,iniciarase o regreso polo mesmo percorrido, novamente polo Paseo Marítimo, azona portuaria e o Parrote, ata alcanzar a meta situada en Puerta Real.
Nota: O percorrido poderá variar lixeiramente en función das condicións do tráfico,obras ou posibles incidencias na zona portuaria e no Paseo Marítimo.
INSCRICIÓNS
A inscrición na andaina solidaria ten un prezo de:
5€ para nenos e nenas ata 12 anos
Poderás realizar a inscrición:
Nesta web ata o Xoves 21 de maio. ás 22:00h.
En El Corte Inglés, ata o xoves 21 de maio, no horario de apertura do establecemento (de 10 a 22h) na planta de Deportes (5ª).
Na sede da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña (Rúa Real 1-1º) ata o 23 de maio, no seguinte horario:
Ata o 21 de maio, de luns a xoves de 10.00 a 17.00 horas, e venres de 10.00 a 14.30.00 horas.
Do 22 ao 23 de maio, de 10.00 a 20.00 horas.
Para máis información, chámanos ao 981 14 27 40
CAMISETA OFICIAL Y DORSAL
Coa túa inscrición terás a camiseta oficial da XIII andaina A Coruña en Marcha Contra o Cancro.
Ademais, entregarase un dorsal no que poderás escribir unha palabra, unha frase ou unha dedicación especial para alguén.
E ti, por que te moves?
Garántese camiseta ata esgotar existencias.
Poderás recollelas na nosa sede de Rúa Real:
Do día venres 22 de 16.00 a 20.00h
Do día sabado 23 de maio de 10.00 a 20.00h
Tamén poderás recollela o mesmo día do evento ata 10 minutos antes do comezo da andaina.
DORSAL 0
As persoas que non poidan asistir e queiran colaborar, poderán facer a súa aportación a través de:
Bizum no 06505, concepto: CONTRAELCANCER A CORUÑA
Na conta do Banco Santander: IBAN ES54 0049 0007 2326 1212 4606
Nesta web a través do Dorsal 0.
SERVIZOS AO PARTICIPANTE
A organización habilitará diferentes puntos para garantir o correcto desenvolvemento da actividade:
- Punto de avituallamento, ao longo do percorrido e/ou en meta
- Punto de prevención e información, con persoal da AECC
- Punto de auga para mascotas, para garantir o benestar dos animais participantes
- Servizo de ropero, na zona de saída/meta
- Punto de produto solidario AECC, onde se poderá colaborar adquirindo artigos
- Punto de inscricións e entrega de dorsais e camisetas, operativo antes do inicio do evento
GRAZAS POR SUMARTE Á LOITA CONTRA O CANCRO
Os fondos recadados nesta iniciativa irán destinados a investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación española Contra o Cancro na Coruña.